Aventuras no polo sur

Post on 13-Jun-2015

743 views 2 download

Transcript of Aventuras no polo sur

Antártida

Polo Sur

Territorios situados ao sur do paralelo 60ºS.Chamada tamén Antártica. O primeiro en usar o nome de Antarctica foi o cartógrafo escocés John George Bartholome en 1890. O nome ven do grego ανταρκτικως «antarktikos», "oposto a ártico”.

É o continente máis elevado da Terra, cun promedio de altitude de 2.000 m s.n.m.

Monte Erebus: volcán activo (3.794 m).

Punto máis alto: Macizo Vinson: 4.900 m.

Superficie: Total: 14 000 000 km2

Área libre de xeo durante o verán: 280 000 km2

Unha grande parte da Antártida está cuberta dun enorme casquete de xeo de 20 millons de km3, cun espesor medio de 2.500 m. O máximo espesor rexistrado é de 4.776 m.

A Antártida sen xeo

Acolle arredor do 80% da auga dóce do planeta.É o continente co promedio de humidade máis baixo e coa temperatura máis baixa.

Na Antártida atópanse o 90% dos xeos superficiais da Terra e o 70% da auga dóce.

Se o xeo da Antártida se fundise o nivel dos océanos elevaríase entre 45 e 60 m.

Antártida no verán

Antártida no inverno

Poboación: temporal de 1.000 a 4.000 habitantes65 bases de 30 países

HISTORIA XEOLÓXICAAta hai 160 millóns de anos a Antártida formaba parte de Gondwana xunto coa India, África, Australia Nova Celanda e Sudamérica. Ao fragmentarse ese supercontinente a Antártida e Australia seguiron unidas e fóronse desprazando cara ao sur, ata que a Antártida se separou definitivamente hai uns 80 millóns de anos.

plantas fósiles

Xacementos minerais: carbón, petróleo, ferro, ouro, cromo, antimonio, molibdeno, uranio...En 1990 firmouse un tratado internacional prohibindo a explotación mineira durante 50 anos polas repercusións sobre o medio ambiente

1-Polo Sur Xeográfico2-Polo Sur Magnético

3-Polo Sur Xeomagnético4-Polo Sur de Inaccesibilidade

Polo Sur

Polo Sur Xeográfico:O punto máis austral da superficie terrestre, oposto ao Polo Norte. É un dos puntos onde o eixo de rotación intersecta á superficie da Terra.No Polo Sur converxen todos os meridianos.Como o eixo de rotación da Terra cambia ao longo do tempo o Polo Sur tamén cambia.

90º, 0’, 0’’S, 0º, 0’, 0’’ O

A masa polar de xeo atópase sobre un xigantesco glaciar que se move 10 m por ano, polo que a posición do Polo Sur debe reposicionarse cada ano. Márcase cunha estaca cada día de Ano Novo.

O Polo Sur está situado na Antártida, sobre unha meseta chan xeada e ventosa, a 2.835 m de altitude sobre o nivel do mar.

O país máis achegado ao Polo Sur é Chile e a cidade máis próxima é Usuaia (Arxentina).

A distancia entre o Polo Sur e o Polo Norte xeográficos, seguindo a superficie da Terra, é de 20.000 km.

A base de investigación científica estadounidense Amundsen-Scott atópase practicamente sobre o Polo Sur xeográfico (89°59'51" Sur, a uns 270 m)

Bandeiras dalgúns países do Tratado Antártico no Polo Sur Ceremonial

Polo Sur Magnético:É o lugar onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie.Está próximo ao Polo Sur xeográfico e varía constantemente.

CLIMAÉ un clima moi frío e desértico, case sen precipitacións. Os ventos son moi fortes e poden causar nevadas.

Durante o inverno austral (seis meses) o Polo Sur non recibe nunca luz solar. A falta de calor solar, combinada coa altitude (3.200 m) fan desta zona unha das máis frías da Terra.Inverno: arredor de -65 °C.

Temperatura máis baixa rexistrada: -89,6 °C (base Vostok).

solsticio de decembro

eixo

No verán austral o sol está todo o tempo nunha posición baixa sobre o horizonte. Acada a posición máis alta (aproximadamente 23,5º). As temperaturas son de arredor de -25 °C.

Temperatura máis alta rexistrada: -14 °C (na base Amundsen-Scott)

Mes xan feb mar abr mai xun xul ago sep out nov dec ANO

Tº media máxima (°C) −25 −37 −50 −52 −53 −55 −55 −55 −55 −47 −36 −26 −45

Tº media mínima (°C) −28 −42 −56 −60 −61 -60 −63 −62 −62 −53 −39 −28 −51

Precipitacións (mm) — — — — — — — — — — — — 2,5

Temperaturas media máxima e mínima, e precipitacións na Antártida

A transparencia do ceo fai que sexa un lugar axeitado para instalar observatorios astronómicos.

FLORAAlgas, brións, liques, bacterias, caravel antártico, pasto antártico

caravel antártico (Colobanthus quitensis )

FAUNAAbonda sobre todo no océano. Achéganse moitas especies na época do desxeo.

Foca de Wedelle (Leptonychotes weddellii)

Mamíferos: leopardo mariño, foca de Weddell, balea (azul, franca austral, minke), cachalote, candorca...

rorcual azul

Aves: pingüíns, escúa, petrel, corvo mariño antártico, albatros, gaivota dominicana antártica, gaivotín antártico, pomba antártica...

Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os machos pasan o inverno antártico sobre o xeo chocando os ovos.

Peixes: bacallao antártico, Trematomus, Gosztonyia antarctica.

Bacallao antártico (Dissostichus mawsoni) producen unha glicoproteína anticonxelante)

Gosztonyia antarctica.

Invertebrados: lura xigante, krill, colémbolos, ácaros, moscas e mosquitos non voadores...

Krill (Euphausia superba)

Belgica antarctica , un mosquito sen ás

HISTORIA DAS EXPLORACIÓNS DA ANTÁRTIDA

-1603 o explorador español Gabriel de Castilla chegou aos 64ºS e veu terra (poderían ser as illas Shetlans do Sur).

Unha base española na Antártida leva o seu nome

-1772 o inglés James Cook circunnavegou a Antártida, sen divisar terras máis alá do paralelo 60ºS. ruta seguida por Cook

-19 de febreiro de 1819 o foqueiro inglés William Smith, a bordo do bergantín Williams, foi o primeiro en descubrir terra de forma confirmada ao sur do paralelo 60ºS (illa Livingston).

-1820 unha expedición rusa dirixida por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e Mijail Petrovich Lazarev circunnavegou o continente e realizou un recoñecemento do litoral.

-1823o británico James Weddell descubriu as illas Órcadas do Sur e o Mar de Weddell.

-1839 a 1843 o capitán James Clark Ross comandou unha expedición británica cos navíos Erebus e Terror. Cartografiaron unha boa parte da costa antártica.

Expedicións de Ross

Buques Erebus e Terror

-1901-1904: expedición DiscoveryOrganizada pola Royal Society e a Royal Geographical Society co obxectivo de realizar investigacións científicas e exploracións xeográficas.Ao mando do británico Robert Falcon Scott (navío Discovery). Con Ernest Shackleton, Edward Adrian Wilson, Frank Wild, Tom Crean e William Lashly. acadaron o punto máis meridional ata esa data; latitude 82º,17’ S.

1907-1909 Expedición NimrodA expedición dirixida por Ernest Shackleton (con Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay) chega á latitude 88º 23’S e vense forzados a abndoar a tan só 180 km do Polo Sur. Despois de perccorrer 3.000 km en territorio antártico regresa a Inglaterra. Atopou o Polo Sur Magnético.

O buque Nimrod

A expedición Nimrod foi a viaxe máis longa de todas as realizadas ao Polo Sur ata a actulidade (máis de 3.000 km a pé, incluíndo a ascensión ao monte Erebus)

monte Erebus

Roald Amundsen

14 de decembro 1911Primeira expedición que chegou ao Polo Sur Xeográfico, dirixida polo noruego Roald Amundsen

navío Fram

Amundsen partiu o 19 de outubro de 1911. Cinco homes (Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting) con catro trenós e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah.O equipo regresou a Framheim o 25 de xaneiro de 1912, con 11 cans, despois de 99 días de viaxe de ida e volta ao Polo Sur.

Alimento do equipo (ración diaria): -380 g de galletas -350 g de pemmican-40 g de chocolate-60 g de leite en póAlimento dos cans: -500 g de pemmican diarios.

Pemmican: comida concentrada formada for unha masa de carne seca moída, baias desecadas e graxas. Achega proteínas, vitaminas e enerxía. Foi unha comida de supervivencia inventada polos nativos norteamericanos que que se conserva moito tempo.

17 de Xaneiro de 1912. Expedición Terra NovaA expedición do británico Robert Falcon Scott chega ao Polo Sur. Morren no camiño de volta de fame e hipotermia.Comezan a viaxe con ponis de Siberia, cans e trenós motorizados e finalmente eles mesmos arrastran a carga.

Robert Falcon Scott en 1911

O equipo de Scott o 18 de xaneiro de 1912. De esquerda a dereita: Oates, Scott e Wilson (de pé); Bowers e Evans (sentados).

Foto preparada por Bowers.

Rutas de Amundsen e Scott

Buque Terra Nova

1914-1916: Expedición Imperial Trans-Antártica O explorador británico Ernest Shackleton tenta cruzar o continente antártico pasando polo Polo Sur. O seu Barco Endurance queda atrapado na banquisa de xeo do mar de Wedell e afunde 11 meses máis tarde.

Mapa da Expedición Imperial Transantártica de 1914-1915:      

- Viaxe do Endurance      

- Deriva do Endurance no xeo      

- Deriva dos acampados sobre a banquisa despois do afundimento do Endurance      

- Viaxe do James Caird      

- Ruta transantártica prevista      

- Viaxe do Aurora á Antártida      

- Retirada do Aurora      -Ruta de subministro

O equipo de expedicionarios sobrevive despois de moitas vicisitudes. Arrastraron dous botes polos xeos do mar de Wedell e navegaron ata a illa Georgia do Sur onde conseguiron axuda. Os supervivintes foron rescatados da illa Elefante o 30 de agosto de 1916 sen sufrir nungunha baixa.

29 de novembro de 1929Richard Byrd e o seu primeiro piloto Bernt Balchen sobrevoan o Polo Sur.

31 de autubro de 1956O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

31 de autubro de 1956O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

1956-1957Expedición Trans-Antártica da CommonwealthExpedición de Vivian Fuchs.Partiron da base Shackleton o 24-11-1957 e despois de 99 días e 3.473 km chegaron á base Scott. Realizaron numerosos estudos científicos, entre eles, determinaron o espesor do casquete de xeo no Polo e a existencia dunha masa de terra debaixo.Edmund Hillary formou parte desta expedición.

6 de xaneiro de 1962Primeiro voo arxentino ao Polo Sur. Dous avións da Aviación Naval Arxentina ao mando do capitán de fragata Hermes Quijada. Voaron sen referencias nin cartografía.

1999Marcha a pé máis rápida desde a costa e sen soporte: 47 días. Tim Jarvis e Peter Treseder. Levaban trenós que pesaban 200 kg con comida e combustible.

20 de xaneiro de 2009Expedición catalana “Polo Sur sen límites” formada por persoas con discapacidade física. Durante tres semanas percorreron a pé os 250 km entre Patriot Hills e o Polo Sur sen ningún tipo de axuda externa, arrastrando un trenó de 80 kg, a 3.000 metros de altura, e con ventos de ata 300 km/h.

Traballo feito con motivo do centenario da chegada ao Polo Sur

de Amundsen (decembro 2011)

e Scott (xaneiro 2012)

MONTAXE: Adela Leiro

IMAXES E DATOS: Internet, en especial Wikipedia

En memoria de todos aqueles que deixaron a vida

pola ciencia e a aventura no extremo do Planeta.