Aventuras no polo sur

62
Antártida Polo Sur

Transcript of Aventuras no polo sur

Page 1: Aventuras no polo sur

Antártida

Polo Sur

Page 2: Aventuras no polo sur

Territorios situados ao sur do paralelo 60ºS.Chamada tamén Antártica. O primeiro en usar o nome de Antarctica foi o cartógrafo escocés John George Bartholome en 1890. O nome ven do grego ανταρκτικως «antarktikos», "oposto a ártico”.

Page 3: Aventuras no polo sur
Page 4: Aventuras no polo sur

É o continente máis elevado da Terra, cun promedio de altitude de 2.000 m s.n.m.

Monte Erebus: volcán activo (3.794 m).

Punto máis alto: Macizo Vinson: 4.900 m.

Page 5: Aventuras no polo sur

Superficie: Total: 14 000 000 km2

Área libre de xeo durante o verán: 280 000 km2

Page 6: Aventuras no polo sur

Unha grande parte da Antártida está cuberta dun enorme casquete de xeo de 20 millons de km3, cun espesor medio de 2.500 m. O máximo espesor rexistrado é de 4.776 m.

A Antártida sen xeo

Page 7: Aventuras no polo sur

Acolle arredor do 80% da auga dóce do planeta.É o continente co promedio de humidade máis baixo e coa temperatura máis baixa.

Page 8: Aventuras no polo sur

Na Antártida atópanse o 90% dos xeos superficiais da Terra e o 70% da auga dóce.

Se o xeo da Antártida se fundise o nivel dos océanos elevaríase entre 45 e 60 m.

Page 9: Aventuras no polo sur

Antártida no verán

Page 10: Aventuras no polo sur

Antártida no inverno

Page 11: Aventuras no polo sur

Poboación: temporal de 1.000 a 4.000 habitantes65 bases de 30 países

Page 12: Aventuras no polo sur

HISTORIA XEOLÓXICAAta hai 160 millóns de anos a Antártida formaba parte de Gondwana xunto coa India, África, Australia Nova Celanda e Sudamérica. Ao fragmentarse ese supercontinente a Antártida e Australia seguiron unidas e fóronse desprazando cara ao sur, ata que a Antártida se separou definitivamente hai uns 80 millóns de anos.

plantas fósiles

Page 13: Aventuras no polo sur

Xacementos minerais: carbón, petróleo, ferro, ouro, cromo, antimonio, molibdeno, uranio...En 1990 firmouse un tratado internacional prohibindo a explotación mineira durante 50 anos polas repercusións sobre o medio ambiente

Page 14: Aventuras no polo sur

1-Polo Sur Xeográfico2-Polo Sur Magnético

3-Polo Sur Xeomagnético4-Polo Sur de Inaccesibilidade

Polo Sur

Page 15: Aventuras no polo sur

Polo Sur Xeográfico:O punto máis austral da superficie terrestre, oposto ao Polo Norte. É un dos puntos onde o eixo de rotación intersecta á superficie da Terra.No Polo Sur converxen todos os meridianos.Como o eixo de rotación da Terra cambia ao longo do tempo o Polo Sur tamén cambia.

90º, 0’, 0’’S, 0º, 0’, 0’’ O

Page 16: Aventuras no polo sur

A masa polar de xeo atópase sobre un xigantesco glaciar que se move 10 m por ano, polo que a posición do Polo Sur debe reposicionarse cada ano. Márcase cunha estaca cada día de Ano Novo.

O Polo Sur está situado na Antártida, sobre unha meseta chan xeada e ventosa, a 2.835 m de altitude sobre o nivel do mar.

Page 17: Aventuras no polo sur

O país máis achegado ao Polo Sur é Chile e a cidade máis próxima é Usuaia (Arxentina).

Page 18: Aventuras no polo sur

A distancia entre o Polo Sur e o Polo Norte xeográficos, seguindo a superficie da Terra, é de 20.000 km.

Page 19: Aventuras no polo sur

A base de investigación científica estadounidense Amundsen-Scott atópase practicamente sobre o Polo Sur xeográfico (89°59'51" Sur, a uns 270 m)

Page 20: Aventuras no polo sur

Bandeiras dalgúns países do Tratado Antártico no Polo Sur Ceremonial

Page 21: Aventuras no polo sur

Polo Sur Magnético:É o lugar onde o campo magnético da Terra é perpendicular á superficie.Está próximo ao Polo Sur xeográfico e varía constantemente.

Page 22: Aventuras no polo sur

CLIMAÉ un clima moi frío e desértico, case sen precipitacións. Os ventos son moi fortes e poden causar nevadas.

Page 23: Aventuras no polo sur

Durante o inverno austral (seis meses) o Polo Sur non recibe nunca luz solar. A falta de calor solar, combinada coa altitude (3.200 m) fan desta zona unha das máis frías da Terra.Inverno: arredor de -65 °C.

Temperatura máis baixa rexistrada: -89,6 °C (base Vostok).

Page 24: Aventuras no polo sur

solsticio de decembro

eixo

Page 25: Aventuras no polo sur

No verán austral o sol está todo o tempo nunha posición baixa sobre o horizonte. Acada a posición máis alta (aproximadamente 23,5º). As temperaturas son de arredor de -25 °C.

Temperatura máis alta rexistrada: -14 °C (na base Amundsen-Scott)

Page 26: Aventuras no polo sur

Mes xan feb mar abr mai xun xul ago sep out nov dec ANO

Tº media máxima (°C) −25 −37 −50 −52 −53 −55 −55 −55 −55 −47 −36 −26 −45

Tº media mínima (°C) −28 −42 −56 −60 −61 -60 −63 −62 −62 −53 −39 −28 −51

Precipitacións (mm) — — — — — — — — — — — — 2,5

Temperaturas media máxima e mínima, e precipitacións na Antártida

Page 27: Aventuras no polo sur

A transparencia do ceo fai que sexa un lugar axeitado para instalar observatorios astronómicos.

Page 28: Aventuras no polo sur

FLORAAlgas, brións, liques, bacterias, caravel antártico, pasto antártico

caravel antártico (Colobanthus quitensis )

Page 29: Aventuras no polo sur

FAUNAAbonda sobre todo no océano. Achéganse moitas especies na época do desxeo.

Foca de Wedelle (Leptonychotes weddellii)

Page 30: Aventuras no polo sur

Mamíferos: leopardo mariño, foca de Weddell, balea (azul, franca austral, minke), cachalote, candorca...

rorcual azul

Page 31: Aventuras no polo sur

Aves: pingüíns, escúa, petrel, corvo mariño antártico, albatros, gaivota dominicana antártica, gaivotín antártico, pomba antártica...

Pingüín emperador (Aptenodytes forsteri): os machos pasan o inverno antártico sobre o xeo chocando os ovos.

Page 32: Aventuras no polo sur

Peixes: bacallao antártico, Trematomus, Gosztonyia antarctica.

Bacallao antártico (Dissostichus mawsoni) producen unha glicoproteína anticonxelante)

Gosztonyia antarctica.

Page 33: Aventuras no polo sur

Invertebrados: lura xigante, krill, colémbolos, ácaros, moscas e mosquitos non voadores...

Krill (Euphausia superba)

Belgica antarctica , un mosquito sen ás

Page 34: Aventuras no polo sur

HISTORIA DAS EXPLORACIÓNS DA ANTÁRTIDA

Page 35: Aventuras no polo sur

-1603 o explorador español Gabriel de Castilla chegou aos 64ºS e veu terra (poderían ser as illas Shetlans do Sur).

Unha base española na Antártida leva o seu nome

Page 36: Aventuras no polo sur

-1772 o inglés James Cook circunnavegou a Antártida, sen divisar terras máis alá do paralelo 60ºS. ruta seguida por Cook

Page 37: Aventuras no polo sur

-19 de febreiro de 1819 o foqueiro inglés William Smith, a bordo do bergantín Williams, foi o primeiro en descubrir terra de forma confirmada ao sur do paralelo 60ºS (illa Livingston).

Page 38: Aventuras no polo sur

-1820 unha expedición rusa dirixida por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e Mijail Petrovich Lazarev circunnavegou o continente e realizou un recoñecemento do litoral.

Page 39: Aventuras no polo sur

-1823o británico James Weddell descubriu as illas Órcadas do Sur e o Mar de Weddell.

Page 40: Aventuras no polo sur

-1839 a 1843 o capitán James Clark Ross comandou unha expedición británica cos navíos Erebus e Terror. Cartografiaron unha boa parte da costa antártica.

Page 41: Aventuras no polo sur

Expedicións de Ross

Buques Erebus e Terror

Page 42: Aventuras no polo sur

-1901-1904: expedición DiscoveryOrganizada pola Royal Society e a Royal Geographical Society co obxectivo de realizar investigacións científicas e exploracións xeográficas.Ao mando do británico Robert Falcon Scott (navío Discovery). Con Ernest Shackleton, Edward Adrian Wilson, Frank Wild, Tom Crean e William Lashly. acadaron o punto máis meridional ata esa data; latitude 82º,17’ S.

Page 43: Aventuras no polo sur

1907-1909 Expedición NimrodA expedición dirixida por Ernest Shackleton (con Douglas Mawson, Edgeworth David e Alistair Mackay) chega á latitude 88º 23’S e vense forzados a abndoar a tan só 180 km do Polo Sur. Despois de perccorrer 3.000 km en territorio antártico regresa a Inglaterra. Atopou o Polo Sur Magnético.

Page 44: Aventuras no polo sur

O buque Nimrod

Page 45: Aventuras no polo sur

A expedición Nimrod foi a viaxe máis longa de todas as realizadas ao Polo Sur ata a actulidade (máis de 3.000 km a pé, incluíndo a ascensión ao monte Erebus)

monte Erebus

Page 46: Aventuras no polo sur

Roald Amundsen

14 de decembro 1911Primeira expedición que chegou ao Polo Sur Xeográfico, dirixida polo noruego Roald Amundsen

Page 47: Aventuras no polo sur

navío Fram

Amundsen partiu o 19 de outubro de 1911. Cinco homes (Amundsen, Bjaaland, Hanssen, Hassel e Wisting) con catro trenós e 52 cans de raza groenlandesa, liderados pola femia Etah.O equipo regresou a Framheim o 25 de xaneiro de 1912, con 11 cans, despois de 99 días de viaxe de ida e volta ao Polo Sur.

Page 48: Aventuras no polo sur

Alimento do equipo (ración diaria): -380 g de galletas -350 g de pemmican-40 g de chocolate-60 g de leite en póAlimento dos cans: -500 g de pemmican diarios.

Pemmican: comida concentrada formada for unha masa de carne seca moída, baias desecadas e graxas. Achega proteínas, vitaminas e enerxía. Foi unha comida de supervivencia inventada polos nativos norteamericanos que que se conserva moito tempo.

Page 49: Aventuras no polo sur

17 de Xaneiro de 1912. Expedición Terra NovaA expedición do británico Robert Falcon Scott chega ao Polo Sur. Morren no camiño de volta de fame e hipotermia.Comezan a viaxe con ponis de Siberia, cans e trenós motorizados e finalmente eles mesmos arrastran a carga.

Robert Falcon Scott en 1911

Page 50: Aventuras no polo sur

O equipo de Scott o 18 de xaneiro de 1912. De esquerda a dereita: Oates, Scott e Wilson (de pé); Bowers e Evans (sentados).

Foto preparada por Bowers.

Page 51: Aventuras no polo sur
Page 52: Aventuras no polo sur

Rutas de Amundsen e Scott

Buque Terra Nova

Page 53: Aventuras no polo sur

1914-1916: Expedición Imperial Trans-Antártica O explorador británico Ernest Shackleton tenta cruzar o continente antártico pasando polo Polo Sur. O seu Barco Endurance queda atrapado na banquisa de xeo do mar de Wedell e afunde 11 meses máis tarde.

Page 54: Aventuras no polo sur

Mapa da Expedición Imperial Transantártica de 1914-1915:      

- Viaxe do Endurance      

- Deriva do Endurance no xeo      

- Deriva dos acampados sobre a banquisa despois do afundimento do Endurance      

- Viaxe do James Caird      

- Ruta transantártica prevista      

- Viaxe do Aurora á Antártida      

- Retirada do Aurora      -Ruta de subministro

Page 55: Aventuras no polo sur

O equipo de expedicionarios sobrevive despois de moitas vicisitudes. Arrastraron dous botes polos xeos do mar de Wedell e navegaron ata a illa Georgia do Sur onde conseguiron axuda. Os supervivintes foron rescatados da illa Elefante o 30 de agosto de 1916 sen sufrir nungunha baixa.

Page 56: Aventuras no polo sur

29 de novembro de 1929Richard Byrd e o seu primeiro piloto Bernt Balchen sobrevoan o Polo Sur.

Page 57: Aventuras no polo sur

31 de autubro de 1956O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

Page 58: Aventuras no polo sur

31 de autubro de 1956O equipo da marina estadounidense, dirixido por George Dufek, aterrou cun avión de transporte militar

1956-1957Expedición Trans-Antártica da CommonwealthExpedición de Vivian Fuchs.Partiron da base Shackleton o 24-11-1957 e despois de 99 días e 3.473 km chegaron á base Scott. Realizaron numerosos estudos científicos, entre eles, determinaron o espesor do casquete de xeo no Polo e a existencia dunha masa de terra debaixo.Edmund Hillary formou parte desta expedición.

Page 59: Aventuras no polo sur

6 de xaneiro de 1962Primeiro voo arxentino ao Polo Sur. Dous avións da Aviación Naval Arxentina ao mando do capitán de fragata Hermes Quijada. Voaron sen referencias nin cartografía.

Page 60: Aventuras no polo sur

1999Marcha a pé máis rápida desde a costa e sen soporte: 47 días. Tim Jarvis e Peter Treseder. Levaban trenós que pesaban 200 kg con comida e combustible.

Page 61: Aventuras no polo sur

20 de xaneiro de 2009Expedición catalana “Polo Sur sen límites” formada por persoas con discapacidade física. Durante tres semanas percorreron a pé os 250 km entre Patriot Hills e o Polo Sur sen ningún tipo de axuda externa, arrastrando un trenó de 80 kg, a 3.000 metros de altura, e con ventos de ata 300 km/h.

Page 62: Aventuras no polo sur

Traballo feito con motivo do centenario da chegada ao Polo Sur

de Amundsen (decembro 2011)

e Scott (xaneiro 2012)

MONTAXE: Adela Leiro

IMAXES E DATOS: Internet, en especial Wikipedia

En memoria de todos aqueles que deixaron a vida

pola ciencia e a aventura no extremo do Planeta.